atoparon a galgos sorríndolle ao demo

foi un suceso que impactou nos beizos dos mendicantes

nunca crerías na resurreción dun can

pois hoxe corren polas rúas á par da santa compaña

e predican o susurro do último corpo crucificado

a súa existencia percorre séculos de pestes

levan o paso dende a primeira comuñón

e non beben máis ca o sangue de cristo

amén

pegasus.

pegasus.